jueves, 26 de noviembre de 2015

FEDEGALMA nas IX Xornadas de Saúde Perinatal

 

A Asociación ALMA, en representación da Federación Galega de Grupos de Apoio á Lactación Materna (FEDEGALMA)  participou onte 24 de novembro na mesa redonda "Difusión das recomendacións das estratexias de atención ao parto normal e saúde reprodutiva por parte das asociacións de profesionais e usuarias", no marco das IX Xornadas de Saúde Perinatal organizadas polo Sergas en Santiago. Como conclusión podemos dicir que aínda que se fixeron avances e hai boa predisposición, falta un importante camiño por percorrer para que nos nosos hospitais públicos poda acadarse o máximo cumprimento da estratexia. Asimesmo, cómpre salientar que todos os axentes implicados deben traballar cun obxectivo común: o benestar das nais e os bebés. 

Nesta LIGAZÓN pódese ver o video da intervención.


LIGAZÓN ao Facebook de ALMA
LIGAZÓN ao Facebook de FEDEGALMA

No hay comentarios:

Publicar un comentario