O pasado venres rematou o prazo de inscrición para o concurso de relatos, así que xa podemos darvos o número exacto de participantes no mesmo. Sodes 25 as nais que estades a participar no concurso. 25 fermosísimos relatos que están a ser evaluados polo xurado e da cuxa lectura pronto poderedes gozar coma fixemos nós. Todos eles serán publicados no blog do concurso (http://afalardateta.blogspot.com) coa finalidade de que as vosas historias sexan coñedidas, compartidas e valoradas por toda persoa que se achegue a ese espazo.
Pronto teremos máis noticias pero, mentres tanto, querémosvos dar infinitas grazas por confiar as vosas experiencias, reflexións, sentimentos e lembranzas a ALMA e ao seu proxecto A FALAR DA TETA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario