sábado, 24 de septiembre de 2011

Gañadoras do 1º concurso de relatos sobre LM "A falar da Teta"

Chegado este día, queremos agradecer de corazón a todas as nais que partiparon na nosa 1ª edición do concurso A falar da Teta, haber compartido as súas historias. Oxalá todas puideran ser premiadas. Non obstante, e con moita dificultade, o xurado decidíu que estes fosen os relatos finalistas:
 
Por orde alfabético:


Cristina Cubeiro Becerra, por “CARACOL”. Santiago de Compostela (A Coruña)
Cristina Villarino Costa ,por “A TETA CAMBIOUNO TODO”. Sada (A Coruña)
Irma González Souto, por “CABALGAMOS”. A Coruña 
Susana Ferreiro Mediante, por “BRANCO”. Lugo

Os relatos publicaranse nuns días no blog de A falar da Teta (http://afalardateta.blogspot.com) e a entrega de premios terá lugar o sábado 8 de outubro durante a celebración da xornada, no Centro Cívico Rosais, na Coruña, a partir das 16:30 h e á que todas e todos estades invitados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario