Comprácenos podervos contar que o concurso de relatos “A falar da Teta” está a ter unha moi boa acollida entre as nais de toda Galicia. É por isto polo que decidimos PROLONGAR A DATA LÍMITE PARA PARTICIPAR ATA O VENRES 9 DE SETEMBRO (INCLUSIVE).
Ás que xa enviastes os vosos relatos, GRAZAS. E ás que aínda non o fixestes, animádevos, estades a tempo de dedicarvos un anaco de tempo e plasmar nun papel todas aquelas emocións, aqueles recordos e aquelas ideas que vos pasan pola cabeza mentres tedes aos vosos meniños pegadiños á teta.
Aproveitamos para anunciarvos que a entrega de premios do concurso, enmarcarémola nunha XORNADA SOBRE LACTACIÓN MATERNA que terá lugar o SÁBADO 8 DE OUTUBRO, a partires das 16:00 horas no Centro Cívico de Os Rosais (A Coruña).
Tralo remate do novo e definitivo prazo de inscrición volverémosvos a publicar novas noticias sobre o concurso.
Ata entón, gozade das vosas lactacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario